Sobre o galego reintegrado
Teño 27 anos e sempre falei en galego. Por desgracia, o único que sempre asociei ao galego reintegrado e á xente que o defendÃa foron un descoñecemento case completo da materia e unha serie de prexuÃzos que penso compartÃa con gran parte da sociedade de Galicia e do resto do Estado. Con moito pudor, admito que o meu coñecemento sobre o tema estaba concentrado [nestes 6 minutos](https://www.youtube.com/watch?v=_mwjfxYcmqI).
Por desgracia, o reintegracionismo ou lusismo non é un tema que se aborde no actual sistema educativo, ou polo menos cando eu cursei a ESO e o Bacharelato. Independentemente de que a xente esté a favor ou en contra desta postura lingüÃstica (personalmente non teño unha postura clara), penso que ten uns fundamentos históricos, filolóxicos e sociais tan importantes como para que se divulgue e debata moito máis en todos os ámbitos da sociedade.
O meu punto de partida para \[re?\]descubrir esta corrente foi este fÃo no Twitter de [@emgalego](https://twitter.com/emgalego/status/1264251428668932098). As ganas de continuar aprendendo, unha frase no terceiro chÃo: "Afinal, todas queremos o melhor para o galego". Os meus seguintes pasos, a Wikipedia e un cento de videos de [Nós Televisión](https://www.youtube.com/NosTelevision) (creo que o que máis me gustou foi a entrevista a [Miguel Anxo Bastos](https://www.youtube.com/watch?v=eJKy8EwFyUg)).
Os puntos que máis me gustan desta postura lingüÃstica son os seguintes:
* A revalorización do galego, e a consecuente adopción por parte de moita máis xente debido á súa, agora si, clara faceta pragmática. É dicir, o argumento de que "o galego so serve para falar coa xente de Galicia" perderÃa o seu valor. * Inclúe o galego no resto dos paÃses lusófonos, con todas as consecuencias culturais e económicas que iso representa: moitÃsimos máis libros, xornais, subtÃtulos de series e pelÃculas na nosa lingua; e as aperturas dun mercado enorme que poderÃa ser máis facilmente aproveitado polas empresas galegas. Relacionado con isto último, recomendo este [podcast](https://tecongotas.com/65-aprender-portugues-en-galiza-un-filon-por-explotar) do Té con Gotas. * A conservación de léxico que usan os meus avós, pero que se está a perder debido a un proceso de castelanización da lingua: vasoira, en vez de escoba; ou brincar, en vez de xogar. Desgraciadamente, a lista poderÃa ser infinitamente máis longa.
Porén, gustarÃame lanzar unha serie de **dúbidas** que me xorden en canto ao reintegracionismo, e debatilas convosco:
* Calquera texto escrito en galego reintegrado ten unha validez léxica, ortográfica e gramatical completa en Portugal? Dito doutra forma, un texto nesta lingua corrixido no sistema educativo galego terÃa a misma puntuación no sistema educativo portugúes? E no resto da CPLP? * Por que é necesario cambiar a pronunciación de certas verbas, coma *observaçao* ou *nascer*? Non me gusta como soan, e nunca as pronunciei asÃ! Este tipo de detalles parécenme demasiado forzados. * Se asumimos que o galego e o portugués son a mesma lingua, onde queda a nosa identidade como galegxs? Poderiase seguir dicindo que Galicia é unha nación en base a cuestións sociais, xeográficas, ou económicas, a pesar de que a lingua xa non fose un punto claramente diferenciador?